Publicador de contidos
Publicador de contidos

A iluminación de Nadal atrae a Vigo milleiros de turistas nesta ponte da Constitución

A iluminación de Nadal atrae a Vigo milleiros de turistas nesta ponte da Constitución

Vigo sitúase entre as cinco cidades españolas con maior ocupación

G24.gal 06/12/2024 13:51

Despois das satisfactorias cifras coas que se pechou o mes de novembro, cun 68 por cento de ocupación hoteleira, Vigo encamiñase a colgar o cartel de completo nesta ponte da Constitución. As poucas prazas que aínda queda libres ofértanse a prezos elevados.

O potente tirón para o turismo da iluminación e a decoración de Nadal, sitúa á cidade entre as cinco mellores de España neste aspecto, segundo a clasificación elaborada por un coñecido portal de aloxamentos turísticos.

Máis de 11 millóns  e medio de luces LED repartidas por 420 rúas reciben aos visitantes que proceden maioritariamente doutras comunidades españolas.

Entre os estranxeiros son maioría os portugueses, seguidos de estadounidenses, italianos, franceses e británicos.

A oferta lúdica de Vigo para estas datas inclúe tamén atraccións, escenarios temáticos e mercados con artesanías e produtos decorativos e gastronómicos típicos do Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade