Publicador de contidos
Publicador de contidos

A iluminación de Nadal xa loce nas cidades galegas

A iluminación de Nadal xa loce nas cidades galegas

A Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo prenderon as luces no inicio da ponte festiva

Paixón polas luces de Nadal na aldea da Mioteira, en San Cibrao das Viñas

G24.gal 05/12/2024 21:20 Última actualización 05/12/2024 21:42

Rematou a conta atrás para darlle a benvida ao Nadal en todas as cidades galegas. A maioría optou por prendelas no inicio da ponte da Constitución.

Na Coruña loceu por primeira vez o investimento de máis de 800.000 euros en iluminación. Os clásicos, no Obelisco, A Mariña ou María Pita onde a sorpresa foron as coroas dos Reis Magos. Pero a cor das luces chega a todos os barrio da cidade.

En Pontevedra o acendido da iluminación abre unha ampla programación de actividades para os máis pequenos ou para gozar en familia, desde esta fin de semana e ata que pase o día de Reis.

 En Lugo prenderon a iluminación mirando alto. A mascota e o director do Breogán acenderon a ornamentación de Nadal que un ano máis aposta por poñer bonita a cidade co baixo consumo enerxético dun millón de luces microled.

Música e ilusión encheron a rúa Progreso de Ourense para saudar o Nadal. A iluminación na Cidade das Burgas como no resto de Galicia é un incentivo para as compras, pero tamén para gozar das tradicións nas rúas das cidade.

Non só as cidades galegas amosan a súa paixón polas luces de Nadal. Nas aldeas como a da Mioteira, no concello ouresán de San Cibrao das Viñas, tiran de imaxinación e desde hai cinco anos as súas luces e as decoracións das súas casas son un atractivo máis do Nadal na provincia de Ourense. 

Na Mioteira non lles falta detalle e ata conseguiron a visita anticipada de Papá e a Mamá Noel. E tamén teñen un carrusel para que gocen os nenos e as nenas. Pero non só a cativada se animou a dar unhas voltiñas no carrusel.

Centos de luces de cores, música, chocolate con churros e o bo humor da xente da Mioteira son o éxito dunha vila unida tamén pola maxia do Nadal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade