A importancia de pensar na responsabilidade antes de regalar un can ou un gato
A importancia de pensar na responsabilidade antes de regalar un can ou un gato
Os expertos recomendan que o animal non chegue á casa nos mesmos días en que se reciben os xoguetes
No Nadal, ou máis ben antes do Nadal, increméntase o desexo de facerse cunha mascota, mesmo para lle regalar a alguén.
Os expertos lembran que hai que pensar antes na responsabilidade que implican e que non son un xoguete, non son un xoguete máis destas datas.
Algunhas protectoras de animais prohiben a adopción durante estas festas. Outras simplemente din manter a mesma imprescindible responsabilidade de todo o ano e seguir buscando a afinidade entre o animal e o posible dono.
A Fundación Affinity sinala que as protectoras españolas rescataron preto de 300.000 cans e gatos no 2022. E habería que sumar os que non recibiron axuda.
Repítennos que hai que querelos con corazón, pero que tamén hai que querelos con cabeza.