Publicador de contidos
Publicador de contidos

A incidencia suma oito puntos en España e aumenta a presión asistencial

A incidencia suma oito puntos en España e aumenta a presión asistencial

Á espera do cambio no semáforo covid, algunhas comunidades achéganse ao risco extremo

G24.gal 17/11/2021 18:04

As comunidades autónomas notificaron este mércores ao Ministerio de Sanidade 6.667 novos casos de Covid-19, 3.586 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son inferiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 6.461 positivos, o que evidencia a tendencia á alza na evolución da pandemia.  

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 5.067.712 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 96,12, fronte a 88,65 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 45.609 positivos.

No informe deste mércores engadíronse 30 falecementos, en comparación con 59 o mércores pasado. Ata 87.775 persoas con proba  diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 101 persoas con diagnóstico de Covid-19 positivo confirmado en España.  

Actualmente, hai 2.260 pacientes ingresados por COVID-19 en toda España (2.164 onte) e 447 en UCI (427 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 339 ingresos (289 onte) e 242 altas (261 onte). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 1,82 por cento (1,75% onte) e nas UCI no 4,90 por cento (4,68% onte).   

Mentres tanto, a taxa de positividade sitúase no 4,21 por cento, fronte ao 4,11 por cento de onte. A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que este dato se atope por baixo do 5 por cento para considerar como 'controlada' a propagación do virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade