Publicador de contidos
Publicador de contidos

A infanta Sofía calza unhas bailarinas dunha deseñadora compostelá

A infanta Sofía calza unhas bailarinas dunha deseñadora compostelá

Non son para todos os petos, hai que encargalas baixo pedido e con esta publicidade non sería raro que aumentase a súa demanda

G24.gal 18/07/2023 16:05

Triunfar co deseño dunhas bailarinas non é doado. Pero parece que a galega Isabel Moralejo o está conseguindo grazas en parte á publicidade que lle fixo a infanta Sofía levando nos pés unha das súas creacións. Fabricación artesanal é o selo da marca á cabeza da cal está a deseñadora compostelá. 

Foi a partir dun acto oficial na Zarzuela hai uns días que as bailarinas que levaba postas a infanta Sofía se fixeron virais. Unha subida de prestixio para a marca á fronte da cal está unha galega, Isabel Moralejo.

Isabel naceu e estudou en Santiago, mesmo fixo a carreira de Farmacia, pero despois xa marchou a Madrid para dedicarse ao estilismo e ao que era a súa paixón xa desde pequena, os zapatos. 

A súa marca Adeba é en parte tamén unha homenaxe á infancia e ao río de Ourense onde pescaba o seu pai, o Deva. E aquí en Sanxenxo pasa os veráns. Este, promovendo as súas bailarinas.

Será, pois, esta unha cita para aqueles que como a infanta Sofía valoren o calzado feito en España e de xeito artesanal. Iso si, as bailarinas non son para todos os petos e hai que encargalas baixo pedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos