Publicador de contidos
Publicador de contidos

A intelixencia artificial vainos devolver o 80 % do tempo que hoxe lle dedicamos ao traballo

A intelixencia artificial vainos devolver o 80 % do tempo que hoxe lle dedicamos ao traballo

Anunciouno esta mañá na Coruña unha alta directiva da compañía Google que participa no Foro Ecosystems

O encontro organizado or Omar Hamtaleh está dedicado á presenza de mulleres no sector das TIC, e aborda en especial os aspectos éticos e ecolóxicos da revolución tecnolóxica

G24.gal 28/06/2024 14:56

Pilar Manchón, unha alta directiva de Google internacional, deixou o titular máis comentado hoxe do foro Ecosystems: que a tecnoloxía nos permitirá gozar máis da vida, "que nos devolverá boa parte do tempo que hoxe dedicamos ao traballo".

No foro, que este ano pon o foco na presenza das mulleres nas empresas tecnolóxicas, advirten da revolución que a intelixencia artificial supón no mundo laboral.

 "En España só o 7 % das matrículas universitarias son en carreiras tecnolóxicas e a posición das mulleres nese 7 % é inferior ao 20 %. Iso o que significa é que temos unha fenda enorme en competencias tecnolóxicas", dixo Verónica Pascual, presidenta da Fundación ASTI Tecnoloxía e Talento.

 "Este ano concentrámonos en que todas as relatoras fosen mulleres executivas, para inspirar así as xeracións novas", declarou Omar Hamtaleh,  Presidente Executivo de Ecosystems 2030.
 

Porque para que a tecnoloxía se adapte á diversidade social debe haber equipos diversos que deseñen e adestren os algoritmos sen nesgos de xénero ou raza, engaden.  En Ecosystems tamén se abordan cuestións éticas, como a equidade ou o respecto ao medio natural.

"A clave agora mesmo é volver traer o desenvolvemento sostible ao centro da axenda, porque está en xogo a nosa propia supervivencia. Á pregunta de se as novas tecnoloxías poden apoiar o cambio de traxectoria, eu creo que a resposta é si", declarou María Cortés, a vicepresidenta da Rede de Solucións para o Desenvolvemento Sostible da ONU.

Explican que o sistema produtivo actual non é sostible e que será precisa unha reformulación do 60 % dos postos de traballo antes de 2040.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade