Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez lanza Avanza, o laboratorio de ideas do PSOE, para combater a ultradereita

Pedro Sánchez lanza Avanza, o laboratorio de ideas do PSOE, para combater a ultradereita

Sánchez: "A mellor maneira de combater o escurantismo da onda reaccionaria é desde o Goberno" 

Pedro Sánchez, na presentación da Fundación Avanza
G24.gal 03/07/2024 14:50

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, participou este mércores no lanzamento da Fundación Avanza, un laboratorio de ideas do PSOE, que pretende ser referente co obxectivo de "combater o discurso da ultradereita e as noticias falsas".

Nun acto ao que asistiu a plana maior do partido, o tamén secretario xeral do PSOE, sinalou que Avanza achegará coñecemento e análise sobre asuntos complexos e "contribuirá a desmontar as narrativas baseadas en falsidades".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade