Desartellan unha trama de sociedades acusadas de defraudar 33 millóns de euros
Desartellan unha trama de sociedades acusadas de defraudar 33 millóns de euros
Hai 11 detidos en España, Portugal e Francia
A Garda Civil, en colaboración coa Garda Nacional Republicana e a Autoridade Tributaria e Aduaneira de Portugal e a Fiscalía Europea desmantelan unha trama de sociedades con fraude fiscal de 33 millóns de euros.
Durante o desenvolvemento desta acción coordinada fixéronse 206 rexistros en Portugal, 13 no noso país e un en Francia.
Os axentes detiveron 11 persoas e incautáronse de 43 vehículos e 120.000 euros en territorio portugués.
Tamén se interveu numerosa documentación tanto en formato físico como electrónico relacionada coa actividade ilícita das empresas implicadas.
A investigación foi declarada secreta e continúa aberta.
Non se descarta a investigación de máis persoas nos países afectados.
As autoridades portuguesas iniciaron en 2022 esta investigación contra esta trama implicada nunha fraude intracomunitaria de IVE en operacións comerciais.
Están investigados por organización criminal e branqueo de capitais.