Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia ultima a primeira lei dunha rexión europea sobre intelixencia artificial

Galicia ultima a primeira lei dunha rexión europea sobre intelixencia artificial

Expertos de doce comunidades autónomas reúnense en Santiago para compartir experiencias sobre os retos e oportunidades desta tecnoloxía para as administracións públicas

G24.gal 27/06/2024 14:37

A Xunta ultima a lei que converterá a Galicia na primeira rexión de Europa cun regulamento propio sobre o uso da intelixencia artificial. Expertos de doce comunidades autónomas reúnense en Santiago para compartir experiencias sobre os retos e oportunidades desta tecnoloxía para as administracións públicas.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu nese encontro a importancia de que todas as comunidades avancen á vez no uso ético e seguro da intelixencia artificial. Rueda tamén destacou que Galicia vai á vangarda europea nesta materia.

O xefe do Goberno galego lembrou que a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) vai estar na Coruña. Alfonso Rueda animou a non ter medo a falar desta tecnoloxía e a sumar experiencias para aproveitar as oprtunidades que supón para mellorar a vida dos cidadáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade