A investigación do caso de Diego Bello conclúe que ía sen armas e que a policía o rematou a sangue frío
A investigación do caso de Diego Bello conclúe que ía sen armas e que a policía o rematou a sangue frío
A investigación do caso de Diego Bello conclúe que ía sen armas e que a policía o rematou a sangue frío
O avogado da familia di que hai probas dabondo para que o xuízo pola morte de Diego Bello vaia adiante
A investigación pola morte de Diego Bello desmonta a versión da policía filipina. Os tres acusados din que actuaron en defensa propia, que acudiron á casa de Diego porque era un traficante de drogas e que cando intentaron prendelo sacou unha arma e comezou a dispararlles, e daquela non lles quedou outra que abatelo.
Porén, no informe do NBI pode lerse que os axentes foron canda el coa intención de asasinalo e de rematalo a sangue frío cando xa estaba ferido.
O avogado da familia di que hai probas dabondo para que o xuízo pola morte de Diego Bello vaia adiante. Pero, polo momento, os tres policías acusados teñen ata o luns vindeiro para presentaren alegacións ás acusacións que lles fixo o NBI.
Despois, a acusación particular presentará as súas e, se ven que hai indicios de delito, comezará a vista oral. Unhas novas que lle dan folgos á familia de Diego.
Polo momento, son tres os policías acusados, pero falta por ver os escritos das testemuñas, entre as que están os veciños de Diego que escoitaron os disparos, a súa moza e os amigos. Eles aseguran que había moitos máis policías, por tanto non se desbota que haxa máis implicados neste caso.