Aprazada ao 5 de agosto a vista polo asasinato do coruñés Diego Bello en Filipinas
Aprazada ao 5 de agosto a vista polo asasinato do coruñés Diego Bello en Filipinas
A vista que foi suspendida era unha nova sesión da causa que se segue en Manila contra tres policías filipinos "acusados de asasinar o empresario coruñés e de falsificar probas para tratar de xustificar a súa morte", recalcan
A vista polo asasinato do coruñés Diego Bello, abatido a tiros en xaneiro de 2020 na illa de Siargao, en Filipinas, prevista para este luns, día 17, foi suspendida. A nova vista do xuízo contra os tres policías acusados de matar a tiros ao mozo coruñés foi aprazada ao 5 de agosto.
Nun comunicado, explica que a familia do empresario español, que se atopaba xa en Manila, ante a previsión de que o xuízo seguise este luns, "continuará coa axenda que tiña prevista durante toda a semana" e permanecerá no país. A mesma, segundo remarcan, inclúe diferentes reunións de traballo con organismos locais, nacionais e internacionais como reunións na Embaixada da Unión Europea en Filipinas e entrevistas co Defensor do Pobo Filipino, así como co cónsul e embaixador Español.
A vista que foi suspendida era unha nova sesión da causa que se segue en Manila contra tres policías filipinos "acusados de asasinar o empresario coruñés e de falsificar probas para tratar de xustificar a súa morte", recalcan.
Os axentes argumentaron no seu momento que dispararan en defensa propia cando ían deterlle por suposto tráfico de drogas, algo que a familia do mozo coruñés rexeitou desde un primeiro momento. Posteriormente, as investigacións realizadas pola NBI (National Boreau of Investigation), un organismo independente do Estado filipino, concluíron "que os policías asasinaran a sangue frío a Diego". "E que colocaran nas súas mans unha pistola e unhas doses de cocaína, tentando así explicar a súa morte como defensa propia", incide a familia.