Publicador de contidos
Publicador de contidos

A investigación do incendio de Murcia, á espera de poder entrar nas discotecas

A investigación do incendio de Murcia, á espera de poder entrar nas discotecas

A temperatura no interior dos locais e o estado da estrutura non permite aínda o acceso da policía

Os corpos rescatados estaban na Fonda Milagros, que tamén ten maiores danos estruturais

13 mortos, 24 feridos e 3 desaparecidos no incendio das discotecas en Murcia

G24.gal 01/10/2023 20:59 Última actualización 01/10/2023 22:20

A Policía Nacional abriu xa a investigación para determinar a orixe do incendio nos locais de ocio das Atalayas, pero os danos estruturais dos edificios requiren de momento asegurar os restos dos inmobles para que os investigadores poidan traballar. É necesario ademais que baixen as altas temperaturas dos inmobles para facer as inspeccións necesarias.

A investigación sobre a orixe do lume que xa iniciou o grupo de Incendios da Policía Científica e da Policía Xudicial podería prolongarse varios meses.

De feito, calculan que os labores de estabilización dos edificios queimados e de desentullo durarán polo menos unha semana e de momento as altas temperaturas no interior dos locais dificultan a inspección, tal e como confirmou Diego Seral, subinspector da Policía Nacional en Murcia. 

"O máis complicado é o estado en que se atopan as instalacións. Teñan en conta que a estrutura superior colapsou cara ao interior e os materiais teñen aínda unha temperatura alta e ata que non baixe os funcionarios da Policía Científica non poden entrar ao lugar nin aplicar as técnicas e os reactivos químicos necesarios para poder determinar a orixe".

O lume estendeuse pola parte superior dos locais. Valórase que a orixe puido estar na Fonda Milagros e desde alí propagarse ás salas lindeiras, Teatre e Golden, detallou Seral.

"É un local que no seu momento se partiu. Orixinariamente era a discoteca Teatre e nun momento dado partiuse en dous locais de hostelería totalmente diferenciados. É certo que no local da Fonda é onde constan a maior parte dos danos do incendio, importantes danos estruturais, que provocaron o colapso cara ao interior do establecemento. E, en todo caso, neste local, na Fonda, é onde se están atopando as persoas falecidas".

Os equipos de extinción recomendáronlles aos axentes agardar polo menos 48 horas para facer a primeira inspección ocular, porque de momento só aseguraron a zona de rescate de vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade