Publicador de contidos
Publicador de contidos

A irmá de Miguel Ángel Blanco pide presentarse na investigación sobre o asasinato do concelleiro do PP

A irmá de Miguel Ángel Blanco pide presentarse na investigación sobre o asasinato do concelleiro do PP

Nesta causa, o xuíz trata de esclarecer se a cúpula da organización terrorista ETA foi responsable de encargar o seu asasinato

G24.gal 22/07/2022 11:15

Marimar Blanco, a irmá do concelleiro do Partido Popular en Ermua Miguel Ángel Blanco, pediu á Audiencia Nacional comparecer na causa en que o xuíz trata de esclarecer se a cúpula da organización terrorista ETA foi responsable de encargar o seu asasinato.

Segundo informa Europa Press, fontes xurídicas explicaron que a deputada do PP na Asemblea de Madrid solicitou ao Xulgado Central de Instrución Número 6 comparecer en calidade de prexudicada nunha causa en que, ata o de agora, só hai acusacións populares, ademais da Fiscalía.

Este mesmo xoves o xuíz instrutor Manuel García Castellón tomou declaración aos ex-xefes da banda terrorista Mikel Albisu, alias Mikel Antza, e Soledad Iparraguirre, alias Anboto.

Segundo Europa Press, as fontes consultadas confirmaron que ambos se acolleron ao seu dereito a non declarar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade