Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Lei de benestar animal prevé multas para quen deixe sós a cans ou gatos

A Lei de benestar animal prevé multas para quen deixe sós a cans ou gatos

Polo momento non é obrigatorio o curso de formación nin ter un seguro se o can non é de raza potencialmente perigosa

Os donos de animais velenosos ou exóticos teñen que comunicalo nun prazo de seis meses

G24.gal 30/09/2023 13:13 Última actualización 30/09/2023 13:25

Coa entrada en vigor da lei de benestar animal as mascotas xa poden acceder aos establecementos públicos. A non ser que na porta teñan unha prohibición expresa.

A lei pretende evitar o abandono e o maltrato. Por iso, non se poderán deixar sós os cans máis dun día, nin os gatos máis de tres. E tampouco se poden mercar determinados animais velenosos ou exóticos.

"O que non se vai poder é mercar un animal novo desas características, un mamífero silvestre de máis de cinco quilos. Agora mesmo está prohibido pero quen o teña na casa ten que comunicalo e en función da especie e de como está o animal poderá seguir téndoo cunhas medidas ou terá que envialo a un zoolóxico".

Os veterinarios cren que a lei vai cumprir os obxectivos. Aseguran que os propietarios de animais de compañía están interesados nas novidades e preocupados polas dúbidas que lles xera.

"Hai confusión porque a lei deixa cousas abertas a un desenvolvemento posterior. E ademais hai que encaixar esta norma coa norma autonómica de benestar animal".

Para máis adiante queda a necesidade de facer un curso e a de contratar un seguro de responsabilidade civil. Só segue sendo obrigatorio para os cans de raza potencialmente perigosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade