Publicador de contidos
Publicador de contidos

A lei trans segue dividindo o Goberno

A lei trans segue dividindo o Goberno

Irene Montero mostra a súa preocupación polo atraso do prazo para a presentación de emendas

O PSOE asegura que se vai mellorar a lei no trámite parlamentario e Nuñez Feijóo anuncia que a derrogará se chega ao goberno

G24.gal 20/10/2022 14:21

A lei trans segue tensando as relacións na coalición de Goberno. O atraso na tramitación imposto polos socialistas irrita a Unidas Podemos, e mesmo divide ao PSOE

Irene Montero asegura que os dereitos das persoas trans e da comunidade LGTBI non poden esperar máis tempo. "Imos deixar a pel" asegura a ministra de Igualdade para que a lei estea aprobada antes de que remate o ano. 

Un dos aspectos que divide o Goberno é a posibilidade de cambiar de nome e xénero no DNI sen informes médicos ou sen outros requisitos a partir dos catorce anos. A ampliación do prazo para presentar emendas dende o PSOE sinalan que é algo habitual e deixan aberta a porta a posibles modificacións.

Pola súa parte, Yolanda Díaz reclamoulle rapidez ao PSOE para aprobar a Lei e dixo que non pode haber nin un paso atrás. Dende o Partido Popular, Núñez Feijóo definiu esta lei como unha friviolidade e comprometeuse a derrogala se chega ao goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade