A líder de Pussy Riot protagoniza unha fuga de película disfrazada de repartidora
A líder de Pussy Riot protagoniza unha fuga de película disfrazada de repartidora
Maria Aliokhina logrou burlar a policía coa axuda de varios amigos despois de que un xuíz ruso decidise o pasado mes de abril substituír o seu arresto domiciliario por cárcere
Deixou o seu teléfono móbil no piso de Moscova e desde alí marchou a Belarús
A lider de Pussy Riot, o grupo musical ruso máis crítico con Vladimir Putin, protagonizou unha fuxida de película e logrou saír de Rusia disfrazada de repartidora.
Maria Aliokhina logrou burlar a policía coa axuda de varios amigos despois de que un xuíz ruso decidira o pasado mes de abril substituír o seu arresto domiciliario por cárcere.
Para que non a puidesen localizar as forzas de seguridade, deixou o seu teléfono móbil no piso de Moscova e desde alí marchou a Belarús. Unha vez no país veciño, tardou unha semana en conseguir entrar en Lituania.