Publicador de contidos
Publicador de contidos

A luz acada o prezo máis baixo dende que comezou a crise enerxética

A luz acada o prezo máis baixo dende que comezou a crise enerxética

Sitúase nos 56 euros o megawatt á hora, de media, un 51 % menos ca este venres

G24.gal 19/11/2022 11:39

A luz cae este sábado un 51 % con respecto á xornada anterior e acada o prezo máis baixo no que vai de 2022. Sitúase, de media, nos 56 euros o megawatt hora. Detrás desta caída está a enerxía eólica, que este venres xerou máis do 50 % da electricidade que se produce en todo o país.

Tamén inflúe a caída da demanda na fin de semana e a baixa cotización do gas. A hora de consumo máis barata deste sábado sitúase entre as 13:00 e as 14:00 horas, cando o prezo cae aos 22 euros. A máis cara será de nove a dez da noite, cando o megawatt ascenda a 123 euros.

Nos primeiros 17 días de novembro, o prezo medio diario para a clientela de tarifa regulada vinculada ao mercado almacenista situouse nos 126,02 euros/MWh, o que representa un descenso do 22,73 % respecto a outubro e dun 34 % tendo en conta o prezo de hai un ano, segundo datos de Grupo ASE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade