Publicador de contidos
Publicador de contidos

A luz sobe este luns 70 euros, tras caer a mínimos en Nadal, ata os 80

A luz sobe este luns 70 euros, tras caer a mínimos en Nadal, ata os 80

A factura repunta ata os 80,31 euros/ MWh

Hai un ano, o 25 de decembro de 2021, o prezo medio da luz situábase en 188,53 euros/ MWh

G24.gal 25/12/2022 19:29 Última actualización 25/12/2022 22:32

A electricidade inicia a última semana do ano en 80,31 euros o megawatt/hora, co que o seu prezo rexistra a maior subida de todo o ano, un 700 %, respecto ao día anterior, o día de Nadal, cando se paga a 10,36 euros por MW/h, o seu mínimo desde maio de 2021.

A repunta o luns é a maior do ano, pero isto non ten nada que ver co prezo, pois para atopar o máis caro de todo 2022 hai que retroceder ao 8 de marzo, poucos días despois de que Rusia invadira Ucraína, cando se pagaron 544,98 euros polo megawatt/hora, aínda que levaba todo o mes por riba de 300 euros.

Os prezos moderáronse nas últimas sesións de decembro ata cifras de dous díxitos, ata caer ao que se paga hoxe, día de Nadal, ata os 10,63 euros MW/h, o máis barato desde maio de 2021.

En comparación co que ocorría hai un ano, co megawatt/hora a 188,53 euros, a electricidade abaratouse en máis dun 43 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos