Publicador de contidos
Publicador de contidos

A luz sobe este luns un 20 % e sitúase por riba dos 163 euros o megawatt hora

A luz sobe este luns un 20 % e sitúase por riba dos 163 euros o megawatt hora

A hora máis barata de luz será das 3:00 ás 4:00, cun prezo de 114,60 euros/MWh

A máis cara pagarase entre as 21:00 e as 22:00 horas, a 250 euros o megawatt hora

G24.gal 30/10/2022 18:34

O prezo medio da luz para a clientela de tarifa regulada sobe este luns un 20,56 % respecto á xornada anterior. Segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE) sitúase nos 163,51 euros o megawatt hora (MWh).

O prezo de referencia para as centrais de gas volve situarse por riba do tope dos 40 euros/MWh (en concreto 40,49 euros/MWh), polo que entra en aplicación a denominada "excepción ibérica".

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista (o denominado pool) sitúase para este luns nos 164,07 euros/MWh. A este cifra hai que lle engadir a compensación ás gasistas, que debe aboar a clientela beneficiaria da medida, é dicir, a que ten tarifa regulada (PVPC) ou indexada.

A hora máis barata de luz será de madrugada, de 3:00 a 04:00, cun prezo de 114,60 euros o megawatt hora (MWh). A máis cara pagarase entre as 21:00 e as 22:00 horas, a 250 euros/MWh.

O prezo máis alto

Este luns o prezo da luz en España será o máis alto de toda Europa por segundo día consecutivo, por riba de países como Francia e Italia (144 euros) ou Alemaña (145,2 euros).

Con todo, o custo medio desde o 15 de xuño, cando entrou en vigor a excepción ibérica, é notablemente inferior en España (141,93 euros) que en Francia (359,22 euros), Italia (396,54 euros) ou Alemaña (312,76).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar