Publicador de contidos
Publicador de contidos

A manda de grelo págase a tres euros debido á escaseza da verdura e á alta demanda

A manda de grelo págase a tres euros debido á escaseza da verdura e á alta demanda

A meteoroloxía non foi a idónea para o cultivo e hai poucos grelos no mercado

G24.gal 20/02/2023 13:47 Última actualización 20/02/2023 14:00

Onde hai Entroido e xuntanza... hai cocido si ou si. Os restaurantes están todos ao tope estes días e é complicado conseguir unha reserva. Os prezos, maioritariamente, subiron este ano debido ao incremento nos ingredientes. Un dos indispensables, o grelo, non escapa á tendencia alcista porque este inverno non se deu ben e escasea.

"O grelo vai segundo a cantidade que hai", di a froiteira do mercado de Lugo María Lolo. Este ano, pouco, e polo tanto o prezo vai para arriba. "Carísimo", comentan todos os clientes.

A meteoroloxía non foi a idónea para o cultivo. 

"Este ano non houbo. Primeiro a calor, moita xente tivo que sementar varias veces, e logo a chuvia e as xeadas", comentan as horticultoras. 

Ante a escaseza, o prezo dos grelos multiplicouse.

"Comecei pagando a un euro, un e medio e hoxe dous e medio", comenta unha consumidora. Outra di que o pagou hoxe a tres euros. 

Para moitos é un ingrediente imprescindible no cocido. Queda a opción do repolo. E senón tamén queda a do grelo envasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade