A maioría de suplementos que se cobran en terraza son legais, pero teñen que ser comunicados
A maioría de suplementos que se cobran en terraza son legais, pero teñen que ser comunicados
A OCU lembra que hai prácticas abusivas, pero teñen que ver coa falta de información de prezos
Limitar o tempo de uso dunha mesa por consumición é legal
Nestes días a xente fai máis uso das terrazas ca nunca e as asociacións de consumidores aproveitan para lembrarnos que hai suplementos que necesitan por lei ser antes comunicados.
É o caso do famoso suplemento de terraza que aplican moitos locais galegos e que a OCU lembra que o hostaleiro ten que comunicar ao cliente.
Cobrar polo pan só se pode facer co consentimento explícito do usuario, é dicir, se lle preguntan se queren pan, o camareiro ten que dicirlle ao cliente canto lle vai custar e se está de acordo.
Por outro lado dende hai pouco dar auga da billa gratuitamente é unha obriga dos negocios ao igual que ter dispoñibles recipientes para levar a comida, aínda que aquí si poden cobrar por eles.