Publicador de contidos
Publicador de contidos

A maioría dos accidentes en vacacións danse en traxectos curtos e vías secundarias

A maioría dos accidentes en vacacións danse en traxectos curtos e vías secundarias

A Garda Civil de Tráfico recomenda non relaxar a atención ao chegar ao punto de destino

G24.gal 10/07/2022 14:35

Coas restricións da pandemia xa superadas, este ano as estradas galegas volven a recuperar o seu fluxo habitual de desprazamentos. De feito, esperase que durante este verán se superen os dez millóns de traxectos, un vinte e cinco por cento máis que o ano pasado.

Para evitar que aumente a sinistralidade, dende a Garda Civil de Tráfico insisten en non relaxar a atención, especialmente unha vez chegados aos destinos vacacionais.

"A maioría dos accidentes prodúcense ao lado da casa"

"Cando chegamos ao destino relaxámonos, porque é ir da casa á praia, levar os nenos a unha festa. Aí é cando nos relaxamos, consumimos alcol e a maioría dos accidentes prodúcense ao lado da casa", advirte Héctor Teixeira, axente da Garda Civil de Tráfico en Galicia.

No que vai de ano 39 persoas deixaron a vida nas estradas galegas, dúas menos que o ano pasado por estas datas. Os rexistros apuntan a que a maioría dos accidentes prodúcense por distraccións ou exceso de velocidade, e en Galicia danse sobre todo nas vías secundarias.

Coidado cos peóns

Os atropelos a peóns son tamén un dos problemas da sinistralidade viaria en Galicia. E coa chegada masiva de peregrinos este ano por mor da celebración do Xacobeo, a Garda Civil de Tráfico intensificará a vixilancia nos puntos máis conflitivos.

"Imos ter dispositivos de control de velocidade, para calmar a velocidade neses puntos nos que os peregrinos teñen que atravesar a nacional ou teñen que discorrer paralelos á vía", sinala Héctor Teixeira.

Revisión do vehículo antes de emprender a viaxe de vacacións, respecto das normas e condución por suposto sen drogas nin alcol, constitúen a mellor receita para desfrutar do verán sen accidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade