Publicador de contidos
Publicador de contidos

A "maioría" dos países do G20 condena con firmeza a guerra en Ucraína

A "maioría" dos países do G20 condena con firmeza a guerra en Ucraína

O texto acordado admite "outras posturas" sobre a situación en Ucraína e que a era actual "non debe ser de guerra".

O presidente de Turquía Recep Tayyip Erdogan asegurou: "Putin deume luz verde para renovar o acordo" que facilita a saída de cereais e fertilizantes rusos e ucraínos

G24.gal 16/11/2022 07:38

A "maioría" dos países do G20 condenou hoxe con firmeza a guerra en Ucraína e destacou as súas devastadoras consecuencias humanas e para a economía global, nunha declaración adoptada no cume da illa indonesia de Bali.

O texto acordado polo grupo dos Vinte admite que houbo "outras posturas" sobre a situación en Ucraína durante as discusións en Bali, recoñece que o G20 non é o foro máis adecuado para resolver cuestións de seguridade e afirma que a era actual "non debe ser de guerra"

O presidente de Turquía Recep Tayyip Erdogan asegurou hoxe: "Putin deume luz verde para renovar o acordo". Este facilita a saída de cereais e fertilizantes rusos e ucraínos, foi asinado en xullo e expira o próximo día 19. "Mantivemos discusións e, por agora, son da opinión de que continuarán e que, cando volva, falarei con Putin e con outros interlocutores", dixo hoxe Erdogan nunha conferencia de prensa nas marxes do cume de líderes do G20 en Bali, que termina este mércores.

Segundo o líder de Turquía, que forma parte da coordinación e supervisión do acordo, recibiu nas súas últimas conversacións con Putin "luz verde" do mandatario ruso para a renovación, sen dar detalles sobre cando terá lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade