Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Mariña vive o momento de esplendor das súas camelias

A Mariña vive o momento de esplendor das súas camelias

O Espazo Caritel de Foz recibe visitas para ollar un cento de variedades desta flor

Félix Aragunde 08/04/2024 20:39 Última actualización 08/04/2024 20:49

O Espazo Caritel de Foz está a acoller visitas de grupos concertados para admirar as súas camelias. Neste punto dedicado á árte e á natureza expóñense un cento de especies da que é a raíña das flores invernais. 

O que máis chama a atención nesta mostra vivente é a enorme variedade cromática das flores. Hai camelias nas que se poden apreciar todo tipo de cores e de tonalidades, dende as máis comúns ata as máis exóticas.

Daniel Caxigueiro, xerente do Espazo Caritel: "Aquí atopamos practicamente o que se pode atopar en toda Galicia. É dicir, unha ampla variedade de camelias. En concreto, aquí hai unhas 105 variedades, pois non temos moito espazo, pero hai moitas máis no país".

Galicia e Portugal foron os primeiros países en Europa onde se introduciu esta planta ornamental procedente de Asia, en concreto unha variedade de camelia amarela. Trátase dunhas especies que requiren poucos coidados, o que fixo que o seu cultivo axiña se espallase.

Daniel Caxigueiro, xerente do Espazo Caritel: "Danse ben porque temos un clima moi parecido ao dalgunhas zonas de Asia. O clima é morno, o chan e ácido e hai moita humidade, o que propicia que haxa tantas camelias e que se dean con tanta facilidade".

Ademais de camelias, no Espazo Caritel tamén se expoñen obras escultóricas e fotográficas do propio Caxigueiro. E contra o verán, tamén se poden ollar neste xardín unha ampla variedade de hortensias e de fentos arbóreos.

O xardín focego loce máis dun cento de especies de camelias O xardín focego loce máis dun cento de especies de camelias
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade