Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o Ribadeo Indiano, unha cita da Mariña que busca homenaxear a emigración

Comeza o Ribadeo Indiano, unha cita da Mariña que busca homenaxear a emigración

Música nas rúas, mercado de ultramar, visitas teatralizadas ou o festival de habaneras e música hispanoamericana enchen a vila ata o domingo

G24.gal 12/07/2024 21:15 Última actualización 12/07/2024 21:29

Fin de semana para a lembranza dos emigrantes en Ribadeo dos que fixeron as Américas, dos que regresaron coas mans baleiras e tamén dos que quedaron na diáspora. Unha volta ao pasado que xa vai pola novena edición e que arrancou coa presentación oficial no teatro da vila.

A pegada indiana segue sendo visible hoxe grazas á arquitectura que trouxeron os emigrantes con máis fortuna seguindo a moda de Cuba ou da Arxentina.

Esta cita conta cun programa de actividades que vai desde música nas rúas a mercado de ultramar pasando por visitas teatralizadas ou o clásico festival de habaneras e música hispanoamericana. E pos suposto todo o mundo ataviado coa roupa de época.

O Ribadeo Indiano é todo un reclamo para xente de fóra da comarca e un importante revitalizador da economía local, tanto do comercio coma da hostalería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade