Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Mariña conta cunha nova residencia de saúde mental que atenderá 20 pacientes

A Mariña conta cunha nova residencia de saúde mental que atenderá 20 pacientes

O conselleiro de Sanidade anunciou durante a inauguración un novo plan de saúde mental para os próximos anos

G24.gal 04/10/2024 14:45

A Mariña conta dende hoxe cunha nova residencia de saúde mental. Equipada e amoblada pola Fundación Amancio Ortega, ofrece aloxamento e terapia para 20 residentes nun edificio histórico de Cervo.

A asociación que a xestiona asinou un convenio co Sergas para a prestación de servizos terapéuticos. Ao acto de inauguración da residencia asistiron os concelleiros do Mar e o de Sanidade, que anunciou un plan de saúde mental para os próximos anos con varias medidas pioneiras. 

"Xa podo adiantar unha das primeiras medidas: a creación dunha rede de atención psicolóxica en atención primaria. Vai depender dos servizos de psiquiatría das áreas dos hospitais, coordinado por profesionais de psicoloxía clínica. É unha iniciativa pioneira que vai axudar moito a saúde mental das galegas e os galegos", asegurou Gómez Caamaño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade