As matriculacións subiron en marzo por riba do 65 por cento
As matriculacións subiron en marzo por riba do 65 por cento
O incremento produciuse sobre todo nas empresas de alugueiros de coches que amplían a súa frota de cara ás vacacións de Semana Santa
As empresas de alugueiro matricularon un 268 por certo máis que o mesmo mes do ano anterior
As empresas de alugueiro reforzan as súas frotas para facer fronte á tempada alta.
O alugueiro para Semana Santa disparou as matriculacións en marzo. As empresas do rentacar matricularon un 268 por certo máis que o mesmo mes do ano anterior.
O do alugueiro foi o sector que máis creceu, pero tamén o fixeron os particulares e as empresas. Marzo pechou cunha suba do 65,8 por cento das matriculacións, en parte pola mellora da crise dos semicondutores e da cadea loxística.
As matriculacións encadean tres meses de subas consecutivas. As cifras reforzan o optimismo no sector, pero aínda non recuperan as vendas anteriores á pandemia.