A 'megavaga' de calor de xullo non ten precedentes en España nos últimos cen anos
A 'megavaga' de calor de xullo non ten precedentes en España nos últimos cen anos
Un informe da AEMET advirte de que a temperatura do mar Mediterráneo está entre tres e cinco graos máis alta do normal
A Axencia Española de Meteoroloxía confirma que o que sucedeu o mes pasado en España foi unha megavaga de calor que non ten precedentes nos últimos 100 anos.
Desde 1906 non se rexistraban temperaturas tan altas entre os meses de maio e xullo, e desde 1961 non se vivía un xullo tan caloroso coma o pasado.
A AEMET constata que esta circunstancia está causando fenómenos nunca vistos, como por exemplo un aumento inédito da temperatura da auga do mar Mediterráneo.
"A auga do mar Mediterráneo está a unha temperatura que supera os 30 graos, o que supón entre tres e cinco graos máis do normal para esta época do ano", asegura Rubén del Campo, portavoz da Axencia Española de Meteoroloxía.