A Mesa do Congreso adía o prazo de presentación de emendas á lei trans
A Mesa do Congreso adía o prazo de presentación de emendas á lei trans
A Mesa do Congreso prolonga unha semana o prazo para que os grupos poidan presentar emendas ao texto da lei trans aprobado polo Consello de Ministros. Faino por cuarta vez a pedimento do PSOE.
"O luns preséntanse as emendas do Partido Socialista que só buscan dar seguridade xurídica. Iso non é un atraso. A partir de aí os trámites irán rápido e poderemos ter a lei máis segura, máis garantista e canto antes".
Este novo adiamento na tramitación da lei agrava a fenda entre os socios da coalición de gobeno. Podemos di que o atraso é incomprensible e esixe que non se produzan recortes de dereitos.
"É incomprensible que o PSOE volva ampliar o prazo de emendas. Isto só prexudica as persoas trans e as persoas LGTBI que ven en risco unha lei que permite garantir os seus dereitos. O que imos facer é presentarlle ao PSOE e ao resto dos grupos un calendario de tramitación da lei".
Os socialistas din que os matices se centran na violencia intraxénero e na posibilidade de reverter a decisión do cambio de sexo. Pero hai división mesmo dentro do partido. A vicepresidenta Yolanda Díaz di que a aprobación da lei é urxente.
"Urxe que esta lei cobre corpo".
Para as asociacións os atrasos na lei son inxustificables e non desbotan mobilizacións.