Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Mesa pola Normalización Lingüística protesta contra a nova lei audiovisual

A Mesa pola Normalización Lingüística protesta contra a nova lei audiovisual

Aseguran que a norma non garante a pluralidade lingüística. E advirten que a presenza do galego nas plataformas e canles de televisón será "testemuñal" 

G24.gal 26/05/2022 12:43

A Mesa pola Normalización Lingüística non apoia a nova lei audiovisual. Esta mañá protestou contra ela ás portas do Congreso. Aseguran que a norma non garante a pluralidade lingüística. E advirten que a presenza do galego nas plataformas e canles de televisión será "testemuñal". 

Denuncian que non será obrigatorio a opción do galego no catálogo de emisión das plataformas, que a nova lei só fixa cotas mínimas para o español. 

"Como galegos e galegas somos cidadáns do mesmo nivel temos dereito a gozar que calquera outro cidadán independentemente da lingua que fale, unha vez que se garante para o español tamén se debe garantir para o resto de linguas, nin máis nin menos, debería haber igualdade lingüística que é precisamente o que hoxe reclamamos",  denuncia o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade