Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ministra de Defensa nega que o ataque con Pegasus afectase a seguridade nacional

A ministra de Defensa nega que o ataque con Pegasus afectase a seguridade nacional

Margarita Robles di no Congreso que os datos obtidos dos móbiles son de carácter persoal

G24.gal 20/05/2024 14:32

O caso Pegasus volveu este luns ao Congreso. A ministra de Defensa, Margarita Robles, di que a seguridade nacional nunca estivo en risco pola espionaxe aos móbiles de varios membros do Goberno, entre eles o presidente, Pedro Sánchez.

Robles tamén apunta que o teléfono de edro Sánchez só contiña información persoal. "Non hai constancia de que os dispositivos móbiles infectados contiveran información clasificada como segredo ou reservada. A seguridade nacional non se viu afectada polas infeccións como si ocorre coa intimidade e datos persoais dos que eramos titulares daqueles móbiles", afirmou a ministra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade