A ministra de Defensa visita a Brilat: "Sodes un exemplo no Exército de Terra"
A ministra de Defensa visita a Brilat: "Sodes un exemplo no Exército de Terra"
Margarita Robles di que "Galicia enteira pode sentirse moi orgullosa" da Brilat
A ministra de Defensa quixo agradecerlles o sacrificio que fan permanentemente
A ministra de Defensa, Margarita Robles, está hoxe en Galicia. Visitou as instalacións da Brilat na base pontevedresa de Xeneral Morillo.
Alí coñeceu de primeira man o traballo que os soldados fan na loita contra a pandemia, no marco da operación Misión Baluarte.
Esta é a segunda vez que a ministra de Defensa visita a Brilat. Nesta ocasión organizou unha exposición con todos os medios con que conta para poder apoiar as autoridades civís no caso de que haxa unha situación de crise.
Tamén visitou a sala de vixilancia epidemiolóxica, onde 80 rastrexadores en dúas quendas realizan unhas 12.000 chamadas aos contactos estreitos dos positivos declarados.
Esta tarde vai visitar o centro de vacinación, en colaboración coa Xunta, en Campolongo con persoal sanitario do Exército.
Non só alí en Campolongo senón tamén levando as vacinas aos centros da terceira idade e aos domicilios
A ministra de Defensa, Margarita Robles, dixo nas declaracións:
"É unha brigada que é un exemplo dentro do Exército de Terra. Estiveron na operación Balmis, en traballos de desinfeción, están tamén en labores de rastrexo. Eu creo que Galicia enteira pode sentirse moi orgullosa desta Brigada e queríalles agradecer o sacrificio que fan permanentemente".