Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ministra de Traballo di que España terá un modelo laboral baseado na estabilidade

A ministra de Traballo di que España terá un modelo laboral baseado na estabilidade

Yolanda Díaz e o secretario xeral de CCOO coinciden nun acto en Barakaldo

Yolanda Díaz e Unai Sordo queren estabilidade no mercado laboral
G24.gal 18/12/2021 14:58

A menos de dúas semanas para que acabe o prazo acordado coa Unión Europea, Goberno, patronal e sindicatos intensifican as negociacións sobre unha reforma laboral que convenza a todas as partes.

Ese acordo é básico para que cheguen a España os fondos europeos, polo que as partes implicadas admiten a posibilidade de que as reunións sigan nos primeiros días do ano que vén.

A ministra de Traballo e o secretario xeral de CCOO queren estabilidade laboral

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, e mais o secretario xeral de Comisións Obreiras, Unai Sordo, participaron esta mañá nun acto de Podemos en Barakaldo.

 

Yolanda Díaz  e Unai Sordo coincidiron ó asegurar que é intolerable que a metade dos asariados españois sufran dalgún xeito a precariedade, e que o noso país ten que ir a un modelo de estabilidade laboral similar ó doutros países europeos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade