Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Mostra Internacional de Cinema Periférico pecha coa performance de Lee Ranaldo e Leah Singer

A Mostra Internacional de Cinema Periférico pecha coa performance de Lee Ranaldo e Leah Singer

A décimo terceira edición recuperou os encontros presenciais con artistas internacionais

G24.gal 05/06/2022 21:24 Última actualización 05/06/2022 21:46

A Mostra de Cinema Periférico da Coruña é un referente do cine experimental. Na edición deste ano, a décimo terceira, proxectáronse máis dun centenar de pezas e recuperáronse os encontros presenciais con artistas internacionais, como o que clausurou o encontro.

 Lee Ranaldo, fundador da banda neoiorquina Sonic Youth, e Leah Singer, escritora e artista visual, presentaron a última versión dun proxecto conxunto que iniciaron hai tres décadas, unha performance con improvisacións musicais que explora o xeito en que a imaxe e o son interactúan nunha situación de directo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade