Publicador de contidos
Publicador de contidos

A mostra 'Taxi Compostela' rememora en Suíza 60 anos de inmigración galega

A mostra 'Taxi Compostela' rememora en Suíza 60 anos de inmigración galega

Está instalada na cidade de Delémont, na rexión do Jura, destino de moitos galegos dende 1961

G24.gal 18/10/2023 21:20 Última actualización 18/10/2023 21:37

Taxi Compostela é o título dunha exposición inaugurada en Suíza. En vídeo, en foto e en papel, mesmo en cartas persoais, percorre 60 anos de inmigración galega alá. Tamén inclúe unha curiosa colección de obxectos relacionados con Galicia, achegados pola veciñanza de Delémont, capital do cantón do Jura.

Alí naceu a industria do reloxo suízo, e alí emigraron moitos galegos dende 1961, tantas veces en taxi, de aí o nome da mostra, que rememora décadas de camiños de ida e volta, de emigracións e retornos, de intercambios permanentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade