Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buño enxalza o oficio dos ceramistas na súa Mostra da Olería

Buño enxalza o oficio dos ceramistas na súa Mostra da Olería

Na localidade malpicá aínda quedan unha ducia de obradoiros

G24.gal 04/08/2024 15:21 Última actualización 04/08/2024 17:13

Durante décadas a olería foi o motor económico de Buño. Nesa pequena localidade malpicán chegou a haber máis de cen obradoiros, pero os tempos mudaron e o oficio de ceramista non termina de atopar remuda xeracional. 

Buño é o berce  e tamén o último refuxio da olería galega. Unha ducia de obradoiros que loitan por manter vivo este oficio centenario.

O legado oleiro mantense vivo no Forno do Forte, un museo que mira directamente o pasado para mostrar como vivían as familias oleiras de mediados do século XX. No gran forno comunitario que preside o patio faise unha cocedura unha vez ao ano, coincidindo coa Mostra da Olería.

Tradición e vangarda

Estes días os ceramistas expoñen as súas creacións nas casetas instaladas xunto á igrexa. Uns representan o oficio máis tradicional. Outros beben da tradición para abrir liñas creativas máis innovadoras.

A mostra é unha explosión de propostas tradicionais e vangardistas. Pezas únicas, deseñadas coas mans que se afunden nese barro, terra e auga mesturada, raíz da historia de Buño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade