Publicador de contidos
Publicador de contidos

A multinacional SDG crea en Galicia un centro de datos especializado para administracións

A multinacional SDG crea en Galicia un centro de datos especializado para administracións

Para a posta en marcha do proxecto ten previsto investir 6 millóns de euros e contratar 130 traballadores tecnolóxicos nos próximos tres anos

G24.gal 03/07/2024 13:34

A compañía SDG Group anuncia a creación dun centro especializado en datos e intelixencia artificial para dar servizo ás administracións públicas. Explicouno o director da empresa, Antonio Torrado, durante unha visita este mércores do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, á súa sede en Santiago.

O 10 % dos traballadores desta consultora de datos son galegos retornados, como Lucas Morillo, que tras cinco anos en Suecia atopou en Santiago un posto axeitado ao seu perfil profesional. Este científico cognitivo destacou a aposta de Galicia polo sector da intelixencia artificial.

SDG Group dedícase a axudar a empresas e institucións a tomar decisión en base a datos. O seu próximo proxecto en Galicia é crear un centro especializado para dar servizo ás administracións públicas, cun investimento de 6 millóns de euros e a contratación de 130 traballadores tecnolóxicos nos próximos tres anos, que se sumarán aos 130 que hai actualmente.

Alfonso Rueda animou as empresas do sector a instalarse en Galicia para atraer talento innovador e contrubuír, ao tempo que se crea emprego de calidade, a loitar contra a perda de poboación. O presidente da Xunta lembrou que Galicia será a primeira comunidade cunha lei propia para regular a intelixencia artificial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade