Desmantelada unha banda que vendía coches roubados en Alemaña
Desmantelada unha banda que vendía coches roubados en Alemaña
A Garda civil prendeu dez persoas con residencia en Alcalá de Henares
Puideron vender máis de medio cento de vehículos de alta gama polos que obtiveron un beneficio de 1.700.000€
Tras un ano de investigación, en colaboración coa Europol e a policía alemá contra o crime, a Garda Civil dá por desmantelada unha organización delitiva que vendía coches de alta gama a persoas que descoñecían que foran roubados.
"Adquirían de xeito ilegal os vehículos en Alemaña, transportábanos ata España e matriculábanos con documentación falsa para poder obter a tarxeta da ITV. Logo vendíanos no mercado de segunda man e ocasión".
Hai dez detidos que residían na localidade madrileña de Alcalá de Henares e que están acusados de varios delitos: falsidade documental, receptación estafa, simulación de delito e pertenza a organización criminal. Nos rexistros, recuperáronse nove vehículos de gama alta, documentos falsificados, outros preparados para a falsificación e algo máis de 23.000 euros. Calculan que o beneficio económico da organización supera o a cantidade de 1.700.000 euros. A operación continúa aberta polo que podería haber máis detencións.