Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dobra a taxa de alcolemia en Pontevedra co seu fillo de dous anos no coche

Dobra a taxa de alcolemia en Pontevedra co seu fillo de dous anos no coche

A súa acompañante non puido facerse cargo do vehículo, ao dar tamén positivo

Imaxe de arquivo dun vehículo da Policía Local de Pontevedra Imaxe de arquivo dun vehículo da Policía Local de Pontevedra
G24.gal 04/10/2024 16:00

A Policía Local de Pontevedra denunciou un condutor que deu positivo en alcoholemia por máis do dobre do valor permitido cando circulaba cunha acompañante que tamén deu positivo e co seu fillo, duns dous anos de idade, no asento traseiro.

Segundo informou o Concello de Pontevedra o suceso tivo lugar no marco dun control de alcoholemia realizado durante a madrugada do pasado sábado 28 de setembro na Rúa da Barca.

O home circulaba cun vehículo de alta gama e deu positivo cunha taxa de 0,65 miligramos de alcol por litro de aire expirado, máis do dobre do permitido e constitutiva dun presunto delito contra a seguridade viaria. Ademais a súa acompañante non puido facerse cargo do vehículo ao rexistrar unha taxa de 0,40.

Finalmente, tivo que ser un dos avós do neno o que se achegase ao lugar para recoller o coche e levar a todos os seus ocupantes.

A Policía Local de Pontevedra informou de que, nos diversos controis de alcoholemia e drogas realizados a pasada fin de semana na cidade, detectaron un total de 14 resultados positivos, sete deles por alcoholemia e outros sete por conducir baixo o efecto das drogas.

As sancións ás que se enfrontan os condutores denunciados por alcoholemia son dunha multa de entre 500 e 1.000 euros ademais da retirada de 4 ou 6 puntos do seu carné sempre que a taxa rexistrada no control fose inferior a 0,60 mg/l. No caso dos positivos por drogas, as sancións serán de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do carné de conducir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade