Publicador de contidos
Publicador de contidos

A neve complica a circulación en varias comarcas de Ourense e de Lugo

A neve complica a circulación en varias comarcas de Ourense e de Lugo

Houbo pequenos atrancos para o tráfico na rede secundaria 

Foi preciso circular con precaución na autovía A-52 nun treito de máis de cen quilómetros entre A Limia e a provincia de Zamora

A neve cobre de branco o centro e a montaña de Lugo

G24.gal 25/02/2023 20:31 Última actualización 25/02/2023 21:35

Xornada de frío e neve tamén na provincia de Ourense. Os termómetros apenas subiron dos cinco graos de máxima en gran parte das comarcas, as mínimas estiveron por debaixo dos cero graos.

Segundo a previsión, esperábase neve por riba dos 800 metros, coma en Sarreaus, pero finalmente tamén a houbo en lugares coma Celanova, O Carballiño ou Amoeiro. 

Segundo algúns veciños "Este inverno veu pouca neve, pouquiña, outra coma esta e pouco máis pero tiña que nevar algo máis".

A nevarada comezaba sobre as catro da mañá e deixaba cuberta de branco boa parte da provincia, unha neve que, a pesar do frío, moitos agradecen.

"Xa ten vido anos así, pero si, é unha sorpresa, agora case non neva nada, non é coma antes que nevaba moito. Isto é bo, para o campo as nevaradas son boas", di outro veciño.

En canto ao tráfico, as máquinas quitaneve tiveron que traballar en lugares onde non se agardaba, como Bande, Verea ou Maceda. 

Houbo pequenos atrancos para o tráfico na rede secundaria. Foi preciso circular con precaución na autovía A-52 nun treito de máis de cen quilómetros entre A Limia e a provincia de Zamora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade