Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha fronte deixa chuvia feble en toda Galicia, antes dun domingo para regresar á praia

Unha fronte deixa chuvia feble en toda Galicia, antes dun domingo para regresar á praia

En Ourense non caía unha pinga desde o pasado 29 de xullo

Tamén caeron as temperaturas: dez graos na metade oriental

A chuvia desaparece por completo o domingo

G24.gal 24/08/2024 20:21

Fuxida masiva das termas da Chavasqueira este mediodía. Malia a estar prevista, a chuvia colleu por sorpresa os bañistas, pero algúns nin se inmutan. En Ourense botábase en falta un pouco de auga.

"Creo que medio litro, non sei se chegaría, pero ben, refresca un pouquiño". "Xenial, un pouquiño de chuvia, nós que vimos do Mediterráneo, fuxindo da calor". "Choveu un pouquiño, pero xa se foi. A dozura rematou rápido", comentan varios paseantes.

Na cidade levaba sen chover desde o 29 de xullo e, se sumamos todo o que choveu entre xullo e agosto, non pasa dos 18 litros por metro cadrado.

"Este verán non choveu nada. Foi moi caloroso. Eu penso que cada vez vai ir máis calor", sinala un veciño da cidade.

A fronte, que entrou polo noroeste, deixou máis chuvia cara ao norte e na costa atlántica, desde Ferrol e A Coruña, con 10 litros, ata os 9 de Vigo, pero foi afrouxando a medida que avanzaba cara ao interior. O que máis se notou na metade oriental foi a caída dos termómetros: de 35 a 25 graos de máxima, que animaron a xente a botarse fóra da casa.

Pero a fronte xa pasou. O domingo retomamos a escalada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade