Baixan as temperaturas e reaparecen o vento e as chuvias en distintas zonas de España
Baixan as temperaturas e reaparecen o vento e as chuvias en distintas zonas de España
En Cataluña hai avisos por chuvias e ventos, con ondas de ata 4 metros, na Costa Brava e tamén nas Baleares
Nalgúns puntos de Murcia poderían chegar aos 39 graos
Barcelona, e boa parte de Cataluña, pasou este domingo da alerta por altas temperaturas á alerta por risco de ventos e chuvias. Nalgúns puntos das costas de Xirona e das illas Baleares as ondas poderían chegar ata os catro metros. Tamén hai risco de ventos fortes, de ata 80 quilómetros por hora, no interior de Castelló, nunha Comunidade Valenciana que este sábado rexistrou as maiores temperaturas de España.
Tres comunidades seguen tendo zonas en alerta polas altas temperaturas
Para este domingo, a calor manterá en alerta a provincia de Málaga, en Andalucía, onde superarán os 37 graos; en zonas de Albacete, en Castela-A Mancha, onde os termómetros poderían pasar dos 36; e en Murcia, onde as temperaturas de ata 39 graos poderían ser as máis altas do Estado.
Para a semana próxima a calor volverá ser abafante en case toda España
Para este luns a previsión meteorolóxica di que a calor volverá ser abafante en Estremadura e en Sevilla, con temperaturas de entre 38 e 40 graos. Durante o próximo martes, a calor estenderase a case todo o país, agás o noroeste peninsular.