Calero soña "cunha final ou unha semifinal de Copa do Rei" no ano do Centenario
Calero soña "cunha final ou unha semifinal de Copa do Rei" no ano do Centenario
O coordinador deportivo do club vigués afirmou que vai ter o límite salarial máis alto da súa historia
"Ter dúas potencias mundiais como Campos e Benítez fainos estar moi orgullosos"
Juan Carlos Calero, coordinador deportivo do Celta, fixo baance do mercado de fichaxes. Dixo estar moi satisfeito e avanzou que o Celta vai ter o límite salarial máis alto da súa historia. O albaceteño valorou positivamente as fichaxes neste verán. Oito futbolistas e o adestrador, Rafa Benítez. Di Calero que o Celta deu un salto competitivo esta temporada.
Ter a dúas potencias mundiais do fútbol como Luís Campos e Rafa Benítez nun mesmo proxecto fainos estar orgullosos
Sobre a saída de Gabri Veiga
O mercado é o que manda. Para o xogador é unha decisión difícil, tómaa e pídenos que a entendamos
Os obxectivos para esta temporada
Somos realistas. Pensamos que non é o ano de estar en Europa. Que nos gustaría, por suposto. Que o ano do Centenario aspiremos a xogar unha final ou unha semifinal da Copa do Rei
Tamén explicou os motivos polo que non se fichou un mediocentro
"A saída ou non de Tapia marcaba a liña a seguir, é un xogador moi importante. Traballamos para que saíse, con el a posición está cuberta".