Publicador de contidos
Publicador de contidos

A norteamericana Myah Selland apuntala o proxecto do Baxi Ferrol na Liga Endesa

A norteamericana Myah Selland apuntala o proxecto do Baxi Ferrol na Liga Endesa

Con 24 anos de idade e 1,85 metros de altura, recala no combinado local procedente da Universidad de Dakota e asina por unha temporada

Foto Baxi Ferrol
G24.gal 13/06/2023 15:39 Última actualización 13/06/2023 15:47

A xogadora, de 24 anos e 1,85 metros, procede da Universidade de Dakota do Sur, promediando este ano 16.1 puntos, 6,4 rebotes, 2,4 asistencias e 29,1 minutos. Este verán participou no Training camp de Minnesota Lynx sendo cortada no último momento, antes do inicio da WNBA.

Myah é unha xogadora polivalente que tanto pode xogar interior como exterior e que vivirá a súa primeira experiencia profesional en España.

O adestrador do equipo ferrolán, Lino López, destaca estes aspectos sobre a nova xogadora do cadro departamental:

“Myah foi líder na súa universidade de South Dakota St e é unha xogadora moi polivalente en ataque, con moita capacidade para xerar en 1x1 e ao poste, e as súas lecturas e capacidade para pasar fai mellores ás súas compañeiras. En defensa, a súa polivalencia permítelle defender a exteriores e interiores, igual que a maioría das xogadoras do equipo. Esta será a súa primeira experiencia en LF Endesa, pero seguro que a súa personalidade, profesionalidade e a súa ambición faranlle adaptarse moi pronto ao equipo e á liga”.

Desta forma, coa fichaxe de Myah Selland o equipo xa dispón de dez xogadoras tras anunciar a continuidade de Claudia Soriano, Jessica Fequiere, Marta Gómez, Marianne Kalin e Ángela Mataix, así como as fichaxes de Gala Mestres, Rachel Howard, Anniina Aijanen e Julie Pospisilova.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar