Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vitoria fundamental e de prestixio do Baxi Ferrol na República Checa

Vitoria fundamental e de prestixio do Baxi Ferrol na República Checa

O equipo ferrolán gañou ao Brno (59-73) na segunda xornada da Eurocup Women e presenta a candidatura para ocupar unha das dúas primeiras posicións

Gran partido de Claire Melia e Gala Mestres

G24.gal 16/10/2024 18:33

O Baxi Ferrol sumou a primeira vitoria na fase de grupos da Eurocup Women. Fíxoo na pista do Tany Brno (59-73) equipo que vai ser o gran rival para meterse nos dous primeiros postos. 

O equipo checo, que gañara na primeira xornada, saíu por todas e marcou de inicio unha boa vantaxe (15-8). Aguantou ben ese momento complicado o Baxi e igualou o partido no comezo do segundo cuarto no que incluso colleu algunha pequena vantaxe. Ao descanso a igualdade era máxima (35-36). 

O terceiro cuarto deixounos grandes momentos de baloncesto do Baxi que se foi dez arriba (37-47). Reaccionou o equipo local (44-47) pero non chegou a culminar a remonta e o cadro ferrolán entrou por diante no último cuarto (46-53). 

Apoiadas na grande actuación da irlandesa Claire Melia (21 puntos) e de Gala Mestres (19) o Baxi mantivo a diferenza nos momentos da verdade e consolidou a diferenza de arredor dos dez puntos (53-63) para acabar festexando un triunfo que pode marcar o futuro en Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade