Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Galatasaray acaba co Baxi Ferrol no último cuarto

O Galatasaray acaba co Baxi Ferrol no último cuarto

O equipo ferrolán entrou por diante (57-51) pero recibiu un contundente parcial de 9-32 do equipo turco

G24.gal 09/10/2024 21:50

O Baxi Ferrol aguantoulle ao poderoso Galatasaray tres cuartos na primeira xornada da Eurocup pero acabou perdendo nun último cuarto, en que as turcas demostraron todo o seu potencial. 

Tivo un grande inicio o equipo de Lino López. Chegaron a mandar por doce puntos no primeiro cuarto grazas ao gran traballo anotador de Gala Mestres. O Galatasaray reaccionou ao 26-17 do primeiro cuarto e fixo un parcial de 2-11 que igualou o partido. No descanso gañaban as visitantes por tres puntos (35-38). 

O terceiro cuarto devolveu a mellor versión do Baxi. Chegou a ir oito arriba (53-45), e cunha tripla no último segundo entrou no derradeiro con seis de diferenza (57-51). Pero todo mudou no derradeiro. Outro 2-10 de inicio (59-61) xa non tivo resposta por parte das ferrolás. O Galatasaray colleu o mando do partido e xa non o soltou ata acabar gañando por 66-83 cun parcial de 9-32 nese último período. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade