A nova Facultade de Farmacia de Santiago estará operativa no curso académico 2026-2027
A nova Facultade de Farmacia de Santiago estará operativa no curso académico 2026-2027
Na presentación do proxecto, Alfonso Rueda dixo que as novas instalacións amosan o apoio da Xunta á innovación e ao desenvolvemento universitario
O novo edificio da Facultade de Farmacia estará situado no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela e permitirá aos alumnos gozar dunha nova facultade e un centro de investigación no curso académico 2026-2027.
O reitor da USC, Antonio López, asegurou que é "un proxecto ilusionante e bonito, e é a forma que temos de saldar a débeda coa nosa Facultade de Farmacia".
Nesta primeira fase vaise construír a Facultade de Farmacia e o laboratorio de prácticas. Pero a futura Cidade da saúde albergará tamén a Facultade de Enfermería, un centro de investigación e un aparcadoiro.
Alfonso Rueda destacou o apoio da Xunta á investigación e á mellora das universidades galegas.
"Aquí hai unha cidade da saúde, tamén hai que facelo coa Facultade de Enfermería, que os alumnos e docentes teñen o mesmo dereito que os de Farmacia e ao final con este gran complexo faremos o que hai que facer: apoiar o desenvolvemento universitario en Galicia", dixo Rueda.
O orzamento para a construción da Facultade de Farmacia supera os 24 millóns de euros.