Cargando resultados...
A OCU denuncia 6 marcas por dar menos produto polo mesmo prezo
A OCU denuncia 6 marcas por dar menos produto polo mesmo prezo
Este procedemento por parte das empresas recibe o nome de reduflación
Pídelle a Consumo que obrigue a mellorar a información
Antón Montero
23/06/2022 19:25
A Organización de Consumidores e Usuarios denuncia ante Competencia a 6 marcas alimentarias por prácticas de reduflación.
As denunciadas son Pastas Gallo, Danone, Pescanova, Colacao, Tulipán e Campofrío. Segundo a OCU, están reducindo a cantidade de produto nos envases mantendo o mesmo prezo.
A OCU admite que a práctica pode non ser ilegal, pero critica a falta de transparencia por non advertir claramente aos consumidores. Unha das 6 marcas denunciadas, Danone, desmentiu as acusacións da OCU.