Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OMS recomenda volver ao uso de máscaras nos interiores

A OMS recomenda volver ao uso de máscaras nos interiores

Algúns epidemiólogos non están de acordo coa recomendación da OMS

A OMS reacciona ante o aumento de contaxios na China

Imaxe de arquivo durante a pandemia
G24.gal 12/01/2023 14:51

 "Se hai que poñela, polo ben común porase pero non é unha boa nova, é un retroceso a aquel inferno que vivimos", comenta unha muller.

A recomendación da OMS de volver usar a máscara en interiores resulta moi impopular, pero para algúns, necesaria.

 "Sobre todo en sitios un pouquiño concorridos deberiamos xa por iniciativa propia, poñela", apunta un señor.

A OMS reacciona ante o aumento de contaxios na China, pero para algúns expertos, esta medida é dar un paso atrás.

"Eu non considero que neste momento sexa necesario dar ningún paso para atrás de volver a usar a máscara. O prudente das autoridades sanitarias é deixar pasar o inverno para tomar esa decisión. O que si hai que dar é pasos para diante, aqueles que aínda non se vacinaron e son vulnerables ou queren estar máis protexidos que poñan esa cuarta dose da vacina", explica Juan Gestal, epidemiólogo.

Segundo este experto a covid no noso país está estabilizada e cunha tendencia descendente porque o virus está moi debilitado.

 "Esteamos tranquilos, que o que está a circular no noso medio non é grave, máis ben cada vez máis benignos", continúa.

Fai referencia a variantes como a Kraken predominante nos Estados Unidos e que xa se detectou en 25 países, incluído España. Tamén apareceron casos en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar