Publicador de contidos
Publicador de contidos

O festival O Son do Camiño será nas datas previstas, do 16 ao 18 de xuño

O festival O Son do Camiño será nas datas previstas, do 16 ao 18 de xuño

O traballador ingresado na UCI evoluciona favorablemente

Dous guindastres retiran a estrutura que se veu abaixo este venres no Monte do Gonzo en Santiago

Seguiron as inspeccións da estrutura e das medidas de seguridade na obra

G24.gal 11/06/2022 22:01 Última actualización 12/06/2022 09:31

Pouco antes das dúas da tarde a empresa organizadora do Son do Camiño confirmaba mediante este comunicado que o festival si se ía celebrar nas datas previstas a pesar do accidente.
Con todo, para seguir adiante co ciclo de concertos que comeza o xoves din que serán precisos "axustes". 

O sinistro ocorrido durante a montaxe do escenario principal do evento deixou moi danada a megaestrutura metálica, polo que a solucción máis rápida pode ser traer un novo escenario aínda que sexa de dimensións menores que o actual.

Dous guindastres traballan arreo para deixar libre o antes posible a zona que ocupa o escenario que se veu abaixo, pero o tamaño e a altura complica as tarefas.; só para recoller cada unhas das lonas da cuberta precisan dunha ducia de operarios.

No resto do recinto do Monte do Gozo prosegue a montaxe doutros espazos previstos no festival como o lugar da acampada, unhas 500 tendas.

"Con bastante pena, por todo o que sucedeu. Había bastante incerteza pero hoxe viñemos traballar e parece que todo continúa adiante"
"Había moitas ganas e vai ser un festival moi bonito, agora está algo deslucido, pero si" 

No programa desta edición do Son do Camiño figuran corenta actuacións repartidas en tres días de festival. A organización conta con que asistan máis de 120 mil persoas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade